CRTVG

Buscar

Trece comunidades blíndanse perimetralmente

Publicado o 30/10/2020 15:15

Practicamente toda España está confinada no seu territorio. Trece comunidades pecháronse perimetralmente, a maioría ata o día nove. Madrid, como pedía, só durante a ponte.

Isabel Díaz Ayuso di que "non hubo ningún triunfo porque non hai ningunha guerra. Non é unha guerra de Ayuso con Sánchez nin de Sánchez con Ayuso. É a defensa da política sanitaria que viñemos poñendo en marcha ata aquí".

Un peche por días que estará sobre a mesa na próxima xuntanza interterritorial. Cos contaxios á alza, Cataluña tamén limita o movemento entre municipios nas fins de semana e pedirá o confinamento domiciliario se non mellora. Os cines e bares seguirán pechados. En Logroño e Arnedo, na Rioxa, baixan a reixa durante un mes. Son medidas drásticas nas que Sanidade confía, se se respectan. 

Euskadi notificou máis de mil contaxios e estuda endurecer medidas. E contra estas medida en Bilbao unha concentración non autorizada. Os manifestantes queimaron colectores e guindaron pedras os axentes. Hai seis detidos.






 

Noticias web

30/10/2020