CRTVG

Buscar

Trasladan dous pacientes dende a UCI do hospital de Ferrol ata a unidade críticos en Lugo

Publicado o 16/01/2021 21:34

As UCI dos hospitais galegos corren o risco de saturarse e xa comezaron os axustes e movementos entre centros.
Hoxe trasladaron dous pacientes dende a UCI do hospital de Ferrol ata a UCI do hospital de Lugo. Este traslado realízase co obxectivo de deixar marxe nos espazos de críticos do Arquitecto Marcide para o posible empeoramento dos pacientes xa ingresados ou a hospitalización neste ámbito de novos pacientes. Este protocolo de colaboración entre centros sanitarios do Sergas xa estaba contemplado no plan de continxencia en relación coa covid-19, en caso de ser necesario.

Noticias web

16/01/2021