CRTVG

Buscar

Tras un mes de maio propio do verán, xuño chega con tempo máis propio de outono

Publicado o 09/06/2020 14:40

Praias ateigadas de xente, e roupa lixeira para mitigar a calor. Esta era imaxe que marcou a segunda quincena do mes de maio. Un mes extremadamente cálido cuxos valores medios superan o máximo histórico con temperaturas que acadaron de cara a finais de mes os 37 graos en Ourense ou os 34 en localidades como Boiro ou Arbo.

Valores que contrastan cos que levamos vivido nestes primeiros días de xuño, máis propios do outono. O descenso das mínimas e das máximas obrigou incluso a recuperar a roupa de abrigo.

Para este martes e mércores, a predición apunta a valores máximos que aínda poderían acadar os 25-26 graos en Ourense ou os 24 en Pontevedra, se ben as mínimas non superarán os 5 graos en Lugo.

Temperaturas máximas que caen a partir do xoves, cando os mercurios xa non van superar os 20 graos e a chuvia acadará o protagonismo.

Con este panorama, de momento, non nos queda outra que vivir de recordos.

Noticias web

09/06/2020