CRTVG

Buscar

Tras o peche dos colexios coñeceremos os resultados dunha enquisa exclusiva para a TVG

Publicado o 12/07/2020 08:45

Ás oito da tarde pechan os colexios electorais e comeza o escrutinio, nese momento ofrecerémoslles xa no programa especial de eleccións unha enquisa realizada en exclusiva para a TVG. A sondaxe a pé de urna daranos unha primeira proxección dos posibles resultados electorais previa ao reconto oficial de votos.

"Estaremos en 120 colexios repartidos polas catro provincias galegas, preguntaremos que votou cada elector e teremos así esa información antes do escrutinio e os resultados finais", di Víctor Pons, Técnico Estudos GFK.

Nesa sondaxe tamén coñeceremos unha anticipación dos resultados do voto por correo, que aumentou en porcentanxe considerablemente nestes comicios autonómicos.

"Fixemos máis de 1.200 enquisas para poder coñecer o sentido de voto por correo".

Desde a empresa que realiza a sondaxe, Estudos GFK, destacan a alta fiabilidade das enquisas a pé de urna, xa que non se trata dunha proxección de voto senón dos datos de votos xa emitidos. A segunda vantaxe neste caso é a selección da mostra realizada.

"Seleccionamos diferentes colexios repartidos polas catro provincias que reproducen á perfección os resultados que se produciron en eleccións anteriores".

Tamén iremos coñecendo antes dos resultados oficiais as posibles consecuencias que poidan acompañar a cambios de actitudes motivadas polo coronavirus e as medidas sanitarias.

Noticias web

12/07/2020