CRTVG

Buscar

Galicia, baixo a influencia doutra borrasca tras o paso de Amelie

Publicado o 03/11/2019 23:04
Galicia, baixo a influencia doutra borrasca tras o paso de Amelie

Actívase un aviso laranxa no litoral dende medianoite. Esta nova borrasca está localizada en Inglaterra e chega logo de que Amelie deixara máis dun cento de incidencias, segundo os servizos de emerxencia, de escasa importancia. Sobre todo, pólas tiradas e árbores caídas.

Foi un temporal de mar e de aire que deixou ventos de 156 km/h en Estaca de Bares e de 148 km/h en Viveiro. As ondas, de ata cinco e seis metros, bateron con forza en moitos puntos da costa galega. E ese é o panorama que se presenta para as vindeiras horas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/11/2019