CRTVG

Buscar

Transportan nun dron un ril para un transplante

Publicado o 03/05/2019 08:01

As posibilidades do uso dos drons son moi amplas, e de novo temos un exemplo máis, que desta volta pode axudar a salvar vidas. Este dron leva un ril, e transportouno con éxito dun hospital de Baltimore a outro de Maryland. O órgano chegou ben e a tempo, é dicir, o dron puido manter as constantes e non sufriu ningún problema no camiño. Iso si, foron só tres quilómetros de traxecto.

Xa experimentaran aquí co traslado de outro tipo de materiais médicos, peor esta é a primeira vez que se fai nun contexto real, sen ser un simulacro, e tivo éxito. A receptora do ril saíu do hospital aos poucos días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019