CRTVG

Buscar

Traballar con máscara, máis abafante coas altas temperaturas

Publicado o 20/05/2020 15:10

Asfaltar cando quenta o sol de por si xa non parece moi apeticible. Menos aínda será, probablemente, facelo coa máscara posta. Igual que traballar entre fogóns, varrer as rúas, repartir mercadorías e inumerables tarefas máis.

"Para nos é complicadísimo, abafamos, chega un momento que sentimos moitísima angustia", di un repartidor. Outros traballadores coinciden en que se leva mellor a máscara cando non vai tanta calor.

Está claro que a calor non invita a usar as máscaras, pero con frío ou altas temperaturas a súa utilización pasa a ser unha medida obrigatoria para conter a expansión do coronavirus e, polo tanto, toca cumprir a norma.

Varios traballadores do sector da hostalería comentan que é máis complicado usalas coa calor.

Consello importante con altas temperaturas. É conveniente secar regularmente a suor para evitar que a máscara se poña húmida, xa que isto reduce o seu tempo de eficacia.

Noticias web

20/05/2020