CRTVG

Buscar

Traballan sen descanso para rematar canto antes un hospital de campaña na Coruña

Publicado o 04/04/2020 22:08

Non se escatiman esforzos nesta loita contra a pandemia. Tamén en ExpoCoruña traballan sen descanso para poñer canto antes á disposición de Sanidade o hospital de campaña.

Xornada de traballo intenso en Expocoruña para transformar os 27.000 metros cadrados do recinto nun hospital de campaña con capacidade para atender a uns douscentos enfermos. Prevese que instalacións estean listas a principios da próxima semana.

No interior os taballos centráronse na instalación das conexisóns eléctricas e dixitais e tamén na canalización para o subministro do osíxeno terapéutico, imprescindible na loita constra a Covid 19.

No exterior está prohibido o aparcamento para facilitar o acceso dos servizos de emerxencias e xa se habilitaron nun dos laterais as zonas de entrada para os profesionais sanitarios e para os proveedores. En caso de ser necesario ata Expocoruña trasladaranse os pacientes con coronavirus menos graves, os que requiren hospitalización, pero non ingreso na UCI.

Noticias web

04/04/2020