Traballadores e usuarios piden no Parlamento un novo modelo de residencias
Publicado o 27/11/2020 16:02

Os familiares dos usuarios das residencias de Galicia e os traballadores reclamaron no Parlamento un novo modelo de residencias.
Din que a pandemia puxo de manifesto que nos centros privados os recursos e o persoal foron insuficientes, o que, aseguran, impide garantir uns servizos de calidade.
Pídenlle á Xunta máis inspeccións e que actúen con contundencia ante as deficiencias. O director xeral de atención sociosanitaria dixo que xa se incrementaron as inspeccións e que agora mesmo se están realizando auditorías en todas as residencias galegas.
Máis sobre actualidade
07/03/2021 10:53
07/03/2021 10:03
07/03/2021 09:59