CRTVG

Buscar

Traballadores de Alcoa San Cibrao protestan no Obradoiro

Publicado o 01/08/2020 05:17

Os traballadores da multinacional Alcoa en San Cibrao reivindican unha solución viable para o futuro da fábrica e reclaman a Alcoa que levante o Expediente de Regulación de Emprego que deixaría na rúa máis de 500 traballadores. A protesta tivo lugar na praza do Obradoiro ás dez e media da noite. 

Quedan catro días para que remate o período formal de consultas do ERE. Tras a aparición dun investidor interesado na fábrica lucense, Liberty House, traballadores e Xunta chegaron a un acordo para reclamar formalmente a Alcoa o levantamento do expediente e abandone a idea de parar as cubas de electrólise.

O vindeiro luns ás catro, traballadores, Xunta e este posible comprador, reuniranse en Santiago de Compostela para tratar unha posible venda da fábrica.