CRTVG

Buscar

Traballadores de Alcoa fan garda diante da factoría para impedir que saia o aluminio fabricado

Publicado o 03/10/2020 18:18

Hai xa cinco días que os traballadores de Alcoa fan garda diante das portas da factoría para impedir que saia o aluminio fabricado e para evitar, tamén, que entre material que puidese usarse para unha hipotética parada das cubas.

Con ventos de ata 132 quilómetros por hora, o temporal Alex levou a carpa que os traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares tiñan para acubillarse na garda que fan diante das portas de Alcoa, pero unha empresa da zona axiña lles ofreceu unha destas cabinas de obra para que se protexan, e dende onte instalaron aquí e máis estoutra carpa o seu cuartel para controlar os vehículos que entran e saen da factoría.
Nin pode saír aluminio nin pode entrar material para parar as cubas. Pero fan excepcións.

Ás potabilizadoreas mándanlles o hidrato de alúminia, que tamén se fabrica aquí. Na parede unha táboa orienta sobre quen pode entrar. Os traballadores son os que falan cos choferes para denegarlles o paso.

Organízanse por quendas para que as entradas da factoría non queden nunca sen xente. O prazo de Alcoa para presentar o ERE remata o día 13 se non o ERE quedaría anulado. Supoñería a perda de 534 postos de traballo directos e outros tantos indirectos.

Venda, intervención e nacionalización son as tres palabras que mais se escoitan dende hai meses en Alcoa, unha fábrica que nos estudos da propia multinacional sempre está entre entre as tres máis eficientes que de todas cantas tes no mundo, o problema é que o alto prezo da enerxía baixou a súa rendibilidade.

Noticias web

03/10/2020

Máis sobre San Cibrao das Viñas