CRTVG

Buscar

Traballadores da Renault concéntranse en París para evitar o peche dunha fábrica

Publicado o 07/06/2020 11:31

Manifestación en París para protestar polo anuncio do fabricante de automóbiles Renault, que prepara o peche de varias das súas factorías en Francia. Esta medida encaixa na estratexia de aforro implantada pola alianza Renault-Nissan-Mitsubishi, que tamén implica o peche da planta da marca Nissan en Cataluña.

Fontes da empresa indicaron que non pretenden facer despidos, mentres que varios medios de comunicación anuncian que tamén a fábrica da marca Alpine, propiedade de Renault, podería seguir o mesmo camiño. Renault anunciara un recorte de 2.000 millóns de euros antes da crise do coronavirus polos malos resultados anuais.
A factoría de Choisy-le-Roy ten 70 anos de historia e emprega unhas trescentas persoas na actualidade.
 

Noticias web

07/06/2020