CRTVG

Buscar

O adestrador do Lugo di que "deben de seguir defendendo ben e facer máis dano"

Publicado o 23/10/2020 15:03

O adestrador do C. D. Lugo Mehdi Nafti advertiu da "solidez defensiva" que mostrou o seu próximo rival, o Logroñés, ao que visitará este sábado.

"O Logroñés mostrou unha solidez defensiva interesante, así que espero un partido moi complicado", comentou nunha rolda de prensa telemática.

Nafti reconduciu o rumbo do Lugo con dous triunfos consecutivos e buscará o terceiro ante o Logroñés noutros tantos partidos á fronte do banco branquivermello porque non se conforma.

"Hai que seguir insistindo. Temos que propoñer máis, tentar facer máis dano ao rial e estamos a traballar nesa liña, con ese obxectivo", precisou.

Noticias web

23/10/2020