CRTVG

Buscar

Feijóo agradece á Fundación de Amancio Ortega a doazón de más de 300 millóns de euros ao Sistema Nacional de Saúde

Publicado o 11/06/2019 10:37

O presidente da Xunta agradece á Fundación de Amancio Ortega a doazón de más de 300 millóns de euros ao Sistema Nacional de Saúde. No acto de entrega dos Premios de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal, destacou que a oncoloxía é un exemplo de suma: a dos investigadores, médicos, administracións e mecenas: 

"Os mecenas que no caso de Galicia nos facilitaron ter hoxe, por exemplo, unha radioterapia punteira. E eu quero agradecer, sempre que falamos de oncoloxía, de radioterapia ou de mamógrafos dixitais, o traballo dunha fundación galega, Puntagalega, que doou ao Sistema Nacional de Saúde máis de 325 millóns de euros durante a gran recesión económica que pasamos en España", manifestou Alberto Núñez Feijóo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019