CRTVG

Buscar

Torra: "Volverémolo facer porque un referendo non é ningún delito"

Publicado o 15/10/2019 16:21

A consellera de Presidencia e portavoz do Govern, Meritxell Budó, anunciou este martes que o presidente da Generalitat, Quim Torra, enviará cartas a presidentes, primeiros ministros, ministros de exterior e ás embaixadas e consultados do G-20 e da Asociación Europea de Libre Comercio "entendendo que son os máis importantes do mundo" para explicar a sentenza do 1-O do Tribunal Supremo e a resposta que dará o Govern.

Díxoo nunha conferencia de prensa tras o Consello Executivo Extraordinario, onde engadiu que se enviará aos medios estranxeiros deses países un dossier explicativo da situación. Lembrou que Torra comparecerá ante o Parlament o xoves ás 10.00 horas para abordar a sentenza, e anunciou que o presidente se adhire a unha campaña de Òmnium en que se autoinculpa polos feitos do 1-O e que no Conselol Executivo acordaron anular as axendas de todos os consellers que durante esta semana só participarán en actos de "rexeitamento á sentenza".

Noticias web

15/10/2019