CRTVG

Buscar

Torra volve chamar a Sánchez para urxilo ao diálogo e lamenta que non lle responda

Publicado o 22/10/2019 13:32
Torra volve chamar a Sánchez para urxilo ao diálogo e lamenta que non lle responda

O presidente da Generalitat, Quim Torra, urxiu o presidente en funcións, Pedro Sánchez, a abrir un "diálogo sen condicións" para resolver o conflito catalán e acusouno de non responder a ningunha das súas "catro" chamadas telefónicas, algo que "internacionalmente" non entende "ninguén".

"Volvín chamar a Sánchez e volveu non contestar. Creo que tras este cuarto día a irresponsabilidade é crecente, e internacionalmente (...) ninguén pode entender que nestes momentos o presidente Sánchez non contestase (...). Os problemas políticos resólvense con democracia e diálogo", apuntou en conferencia de prensa, tras a reunión do Goberno catalán.