CRTVG

Buscar

Torra recorrerá ante o TC o decreto dos remanentes dos concellos

Publicado o 06/08/2020 13:42
Torra recorrerá ante o TC o decreto dos remanentes dos concellos

O presidente de Cataluña, Quim Torra, vai recorrer no Tribunal Constitucional o decreto lei polo que os concellos poden transferir os seus aforros ao Goberno central. Comunicóullelo por carta a todos os alcaldes cataláns, e animounos a emprender accións legais contra o que considera un agravio. Di que o Estado se está apropiando da boa xestión dos concellos, e que vai levar de Cataluña miles de millóns de euros para un uso, di, descoñecido.

Noticias web

06/08/2020