CRTVG

Buscar

Torra pon un lazo branco cunha franxa vermella no lugar do amarelo

Publicado o 21/03/2019 15:24
Torra pon un lazo branco cunha franxa vermella no lugar do amarelo

A Xunta Electoral pídelle á delegación do Goberno en Cataluña información sobre as novas pancartas colocadas polo presidente da Generalitat. Torra substituíu esta mañá, na sede da Generalitat, o cartel a favor dos presos independentistas por outro coa mesma mensaxe, pero en vez dun lazo amarelo ten un branco cunha faixa vermella. A Xunta Electoral reclamou un novo informe con fotografías, que deben ter antes das catro, cando se reúnen para decidir se o presidente da Generalitat está incorrendo en desobediencia e que medidas adoptar. No PP falan de burla e piden a intervención dos Mossos.

Noticias web

21/03/2019