CRTVG

Buscar

Torra pídelles aos alcaldes independentistas que "non desfalezan"

Publicado o 26/10/2019 14:43

Dúas manifestacións de gran formato coincidirán esta fin de semana en Barcelona, protagonizadas por independentistas e constitucionalistas. Como preludio á mobilización desta tarde, o presidente da Generalitat, Quim Torra, reuniuse hoxe cos alcaldes cataláns partidarios da independencia.

O acto reuniu máis de setecentos rexedores que aprobaron nos seus concellos mocións de apoio aos presos políticos e de rexeitamento á sentenza do Tribunal Supremo. Todos xuntos berraron a favor da liberdade, da xustiza e da independencia.


Tanto Torra como o vicepresidente, Pere Aragonés, convidáronos a "non deixar de empurrar" e "non desfalecer" na defensa da autodeterminación e da liberdade dos encarcerados.
 

Noticias web

26/10/2019