CRTVG

Buscar

Torra, investigado por desobediencia por manter os lazos amarelos

Publicado o 02/04/2019 20:54

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña vai investigar ao presidente da Generalitat por desobediencia, por non retirar os lazos amarelos das sedes das institucións catalás.

O Tribunal admitiu a trámite a querela que presetou a Fiscalía Superior de Cataluña contra Quim Torra por imcumprir a orde da Xunta Electoral. Segundo a querela, o presidente catalán desatendeu de forma consciente e deliberada o mandato da xunta e mantivo os símbolos independentistas, aínda que fose de maneira encuberta ou simbólica.

Noticias web

02/04/2019