CRTVG

Buscar

Torra di que a sentenza do 'procés' amosará a calidade democrática do Estado, e defende o carácter pacífico do independentismo

Publicado o 25/09/2019 14:52

O Parlamento catalán tamén celebrou hoxe o debate de política xeral, marcado pola inminente sentenza do procés e polas detencións dos CDR. Quim Torra criticou as institucións do Estado e defendeu o pacifismo do movemento independentista.

Quim Torra, presidente da Generalitat, declaraba: "Non permitirei nunca, nunca, que se queira asociar un movemento democrático co terrorismo. Estamos fartos de amenazas e de que se entre nas casas dos cataláns de madrugada. A calidade democrática dun Estado mídese pola súa capacidade para acapetar a disidencia. De aquí a poucos días teremos unha resposta moi clara: veremos se o Estado español supera a proba".

Noticias web

25/09/2019