CRTVG

Buscar

Torra critica o "deixamento de funcións" de Sánchez, a quen chamou sen éxito por quinta vez

Publicado o 23/10/2019 14:19

Quim Torra volve pedirlle diálogo a Pedro Sánchez, a quen acusa de "deixamento de funcións" por non atender as súas chamadas.

Na sesión de control ao seu Goberno, o presidente da Generalitat lamentou que chamou por quinta vez, sen resposta, o xefe do Executivo. Torra defendeu o regreso á vía da independencia unilateral, que onte se aprobou no Parlamento catalán. E ante as críticas da oposición, asegurou que este é momento de tomar partido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019