CRTVG

Buscar

Torra aposta por "volver poñer urnas para a autodeterminación"

Publicado o 18/10/2019 12:28

Catro días despois da sentenza do Supremo que condena a cúpula do procés , Quim Torra propón no Parlamento un novo referendo de independencia á marxe da lei. 

Quim Torra, presidente da Generalitat: "Eu defenderei que nesta lexislatura se volva exercer o dereito de autodeterminación".

A noticia colle por sorpresa os membros do seu goberno, o seu propio partido, Junts per Cat, e os seus socios. Esquerra Republicana ponse de perfil, repróchalle a Torra que poña prazos e aféalle que ninguén o soubese.

Sergi Sabrià, voceiro de ERC: "Non é o momento de poñer datas senón de traballar consensos. E aquí é onde cre Esquerra que se ten que levar a proposta do president que acabamos de coñecer".

Ciudadanos, PSC, os Comúns e o PP acaban pedindo en bloque a dimisión de Torra. O presidente catalán entrara no Parlamento con parte do seu goberno. Abandonou o hemiciclo completamente só.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí