CRTVG

Buscar

Detida unha moza de 17 anos tras abandonar un bebé acabado de nacer

Publicado o 04/03/2019 08:27

A Ertzaintza detivo esta tarde unha muller relacionada coa aparición do cadáver dunha meniña na localidade guipuscoana de Arrasate. A pequena, que aínda tiña parte da placenta, estaba xunto a un vehículo en plena rúa.

A alerta saltou ás doce do mediodía. O corpo sen vida dunha meniña acabada de nacer xacía ao carón deste vehículo na rúa Galicia da localidade guipuscoana de Arrasate.

"Topouna un señor que paseaba o can. Estaba aínda coa placenta, ou sexa, acabada de nacer. A policía estivo polo barrio preguntando casa por casa e os forenses recollendo pegadas. Centráronse nun portal en concreto. Levan alí máis de tres horas", relata un veciño do barrio.

Pouco despois, a Ertzaintza detiña unha muller en relación cos feitos, que foi trasladada a un centro hospitalario. Polo momento, non transcenderon máis datos da investigación que se abriu para identificar a nai e esclarecer o sucedido. O corpo da pequena permanece no Instituto Anatómico Forense, onde se lle está a practicar a autopsia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019