CRTVG

Buscar

Tony Lomba ofreceu un concerto aos seus veciños

Publicado o 27/03/2020 20:55

Nestes días todos estamos gozando de concertos e cultura a través de Internet, os máis afortunados asisten a concertos desde os seus balcóns.
É o caso dos veciños do músico vigués Tony Lomba en Bouzas, que escoitan arestora o concerto dunha hora de duración en que están a soar temas de Frank Sinatra, Albano, Paquita la del Barrio, Jimmy Fontana ou Charles Aznavour.
Os menos afortunados tamén podemos asistir ao concerto desde as redes sociais, concretamente no Facebook live do artista en que viste un smóking branco.

Noticias web

27/03/2020