CRTVG

Buscar

Toño Villar, primeiro fotógrafo galego de vodas que gaña o premio 'Lux Life'

Publicado o 27/08/2020 14:55

Co aprazamento das vodas e outras cerimonias, os fotógrafos sociais están a vivir un momento difícil. Pero non todo son malas novas. O profesional noiés Toño Villar acaba de converterse no primeiro galego en recibir un galardón da prestixiosa revista europea 'Lux Life'. 

A candidatura partiu duns noivos ingleses que casaron en Galicia e quedaron tan contentos co seu traballo que o propuxeron para este premio, que outorga a prestixiosa revista europea 'Lux Life'.

Toño, que leva nove anos como fotógrafo profesional especializado en eventos, imaxina cal pode ser o segredo do seu éxito.

Desde o principio apostou por un estilo xornalístico de procura da realidade, fuxindo dos posados e procurando pasar desapercibido.

A captura deses momentos expresivos tamén é máis difícil polas restricións que impón a realidade sanitaria.

Un traballo baseado en vodas, comuñóns e reportaxes de bebés que este ano está sufrindo moito.

Agardando un respiro, este apaixonado da súa profesión que xa de rapaz era para os amigos o pesadiño da cámara do grupo, saborea a alegría de ser recoñecido como un dos mellores fotógrafos de vodas de Europa.

Noticias web

27/08/2020