CRTVG

Buscar

Feijóo reclama ao Goberno un cento máis de axentes para a Policía Autonómica

Publicado o 29/09/2020 16:43

Entre os labores da Policía Autonómica está a loita contra a violencia machista, os incendios e o furtivismo, e agora tamén facer cumprir as restricións pola covid-19 e a seguridade dos camiños a Santiago.

Alberto Núñez Feijóo súmase a esta petición ao Ministerio do Interior para que complete o cadro de persoal da unidade.

O presidente destacou o traballo que fai este corpo para controlar ocupacións de espazos, o uso de máscaras ou evitar botellóns.

Noticias web

29/09/2020