CRTVG

Buscar

Toma nota destas medidas contra o coronavirus #Coidémonos

Publicado o 13/03/2020 00:14

Velaquí tes unha actualización das medidas adoptadas en Galicia por mor do coronavirus.

Pechan os centros educativos, centros de día e comunitarios e albergues e ludotecas.

Cómpre evitar as concentracións de persoas.

Visitas mínimas a hospitais, residencias e centros para discapacitados.

Como recomendación, as persoas incluídas en grupos de risco non deberían viaxar en transporte público.