CRTVG

Buscar

Todos os cativos de Sober dispoñen de máscara para saír este domingo

Publicado o 25/04/2020 22:50

Son de tea, lavables e con motivos infantís. Derradeiro reparto de máscaras para nenos en Sober. O Concello encargounas para que poidan usalas se saen á rúa.

E van con manual de instrucións. Acaban de repartir as últimas. Protección Civil lévaas á casa dos pequenos, xunto co material escolar do terceiro trimestre.

Obxecto prezado e útil que lucirán tamén os pequenos.

Noticias web

25/04/2020