CRTVG

Buscar

Todo preparado para a XX edición da Feira Franca de Pontevedra

Publicado o 06/09/2019 14:31

Todo listo en Pontevedra para a celebración dunha das festas máis importantes da cidade. A Feira Franca chega á súa vixésima edición cunha previsión de ocupación hoteleira do 100% e 400 permisos para a instalación de banquetes na rúa. Os pregoeiros a cabalo pola cidade darán inicio ás actividades a partir das seis e media desta tarde.

A poucas horas de que o calendario retroceda ata a Idade Media en Pontevedra, aínda é posible atopar unha vestimenta axeitada para gozar da Feira Franca, unha festa que fai vinte anos convertida nunha das celebracións favoritas dos pontevedreses. Na moda medieval, tamén hai tendencias.

Hai 400 permisos concedidos polo concello para a celebración de banquetes, de particulares e de establecementos de hostalería, na rúa. Os restaurantes ofrecen menús especiais e as pandillas organizan a súa propia comida. Daí que as panaderías leven días preparándose para esta fin de semana, en que a produción aumenta entre un 25 e un 30%, sobre todo, de empanadas. 

Os hoteis están ao completo, maioritariamente, con visitantes chegados de toda Galicia. Tamén proceden de lugares próximos, como Asturias. Atopar un cuarto libre para estas datas é misión imposible.

A vixésima edición da festa medieval ampliará tamén o ámbito de celebración alén da cidade vella e da alameda. Na xornada do sábado, unha vintena de embarcacións tradicionais surcarán as augas do Lérez e, nas beiras, recrearánse os oficios mariñeiros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019