CRTVG

Buscar

Todo listo para a primeira Convención Demócrata virtual nos Estados Unidos

Publicado o 17/08/2020 08:46

Arranca a competición oficial por chegar á Casa Branca. Hoxe comeza a Convención Nacional Demócrata. Estaba previsto que se celebrase en xullo na cidade de Milwaukee, Wisconsin, pero a pandemia obrigou a adiala e modificala.

Será, por primeira vez, un evento totalmente virtual en que o candidato demócrata á presidencia, Joe Biden, e a primeira candidata afroamericana á vicepresidencia, Kamala Harris, buscarán unificar apoios dentro e fóra do partido e definir as regras e prioridades da fronte.

Noticias web

17/08/2020