CRTVG

Buscar

Todo listo para a feira de galos de Meis

Publicado o 16/12/2019 14:35

Son os galos de curral de Meis. Animais que nestas terras se crían en semiliberdade e se alimentan de xeito totalmente natural.

Dende que os criadores de Meis constituíronse en asociación e recuperaron a tradición de engordar para a venda estes animais, a súa sona é cada vez maior. De xeito especial nestas datas porque cada vez máis pesoas elixen os galos de curral para o menú de Nadal. O próximo domingo poden adquirirse na tradicional Feira de Mosteiro, porén, case todos están xa reservados.

Na feira pódense mercar a dez euros o quilo. Limpos e preparados para o seu cociñado.

A oitava edición do Mercado de Galos de Curral celebrarase o domingo entre as nove e as cinco da tarde no campo da feria de Mosteiro, en Meis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/12/2019