CRTVG

Buscar

Todo listo en España para uns comicios que contarán con 60.000 mesas electorais e 285.000 urnas

Publicado o 25/05/2019 14:11

A coincidencia das municipais coas europea e en 12 comunidades coas autonómicas condicionará a publicación dos resultados electorais. Os das europeas serán os primeiros que vaiamos coñecendo. Teremos que agardar ata as 11 da noite, tras o peche dos colexios electorais en Italia. Aquí en Galicia, o dispositivo deste día de comicios contará con preto de 7.000 axentes de seguridade que velarán polo desenvolvemento normal da xornada electoral en Galicia.

En total para mañá están dispostas case 4.000 mesas electorais en máis de 2.400 locais de votación da nosa comunidade.  

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019