CRTVG

Buscar

Toca a harmónica na ventá e cre que os aplausos das oito da tarde son para el

Publicado o 23/03/2020 20:15

Chámase Hermann, vive en Vigo e padece alzhéimer dende hai anos. Cada día, ás 8 da tarde, sae á ventá para tocar a súa harmónica. Cre que os veciños das casas que están a carón del, e que aplauden aos sanitarios, son o seu público e non dubida en darlles un verdadeiro recital co seu instrumento. Aprendeu aos 5 anos a tocar e, pese á súa enfermidade, non se esqueceu. Foi á súa coidadora a quen se lle ocorreu a idea de facerlle crer que está ofrecendo un concerto.

Noticias web

23/03/2020