CRTVG

Buscar

Tirapuxa entre o BNG e Podemos pola desescalada en España

Publicado o 24/04/2020 15:25

Néstor Rego pedía esta semana na súa comparecencia no Congreso que fose Galicia a que asumise as decisións para a desescalada na nosa comunidade.

As verbas de Rego xeraron receos entre a esquerda rupturista galega. David Bruzos, ex-deputado de En Marea e cabeza de lista por Ourense de Galicia en Común ao Parlamento galego, foi o primeiro en amosar a súa disconformidade. Fíxoo cun chío no que reprocha ao BNG que critique a Sánchez e pida máis capacidade de decisión para a nosa autonomía.

Néstor Rego contestou con outro chío en que censura que "xente que se considera nacionalista" prefira que decida Madrid o que é mellor para Galicia.

Noticias web

24/04/2020