CRTVG

Buscar

Tino Saqués nega que vaia entrar na directiva do Breogán

Publicado o 18/06/2019 19:15

A situación do Breogán complícase por momentos. Tino Saqués nega a súa intención de entrar na directiva mercando as accións do ex-presidente, Jesús Lence, ou de participar na ampliación de capital.

A suposta chegada do presidente do Club Deportivo Lugo tivo xa as súas primeiras consecuencias: as dimisións de dous membros da directiva breoganista. Iso deixa a Lázare moi só e crea unha situación incerta. Porque en 15 días o club ten que completar a documentación para participar na liga LEB da vindeira temporada. Pero para iso é imprescindible un mínimo de 3 conselleiros que tras as dimisións non hai. Ademais, non hai tempo para celebrar unha xunta extraordinaria e designar unha nova directiva, xa que o prazo mínimo para convocala é de 30 días. Así pois, a solución pasa porque os conselleiros dimisionarios accedan a se manter no club ata completar a inscrición na LEB.

Nesta situación, o Breogán viuse obrigado a publicar un comunicado chamando á calma e asegurando que está a traballar para solucionar os problemas e anuncia unha conferencia de prensa de Jesús Lázare nos vindeiros días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019