CRTVG

Buscar

Tino Saqués confirma o interese en Juan Hernández

Publicado o 24/12/2019 19:06

O Club Deportivo Lugo confirmou o interese en se facer coa cesión do céltico Juan Hernández. Tras a xunta xeral de accionistas, o presidente Tino Saqués recoñeceu que o xogador olívico é unha prioridade para o seu equipo no mercado de inverno: "É un xogador que xa queriamos que viñese no verán pero dado que non estaba ben recuperado e o rapaz tivo unha pequena recaída non puido ser. Agora mesmo está ben e nós entendemos que é un xogador que nos pode dar moito e ,se o Celta o ten a ben, entendo que chegaremos a un acordo", sinalaba o máximo accionista lugués.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019