CRTVG

Buscar

Ti non es de aqui?, o xogo sobre a cultura galega

Publicado o 16/05/2019 21:51

Imos xogar un pouco agora. E ímolo facer co xogo de mesa Ti non es de aquí? É o primeiro xogo sobre a cultura galega, feito en Galicia e en galego. É moi parecido ao Trivial pero neste caso hai que descubrir cal das catro a respostas é a incorrecta. Creouno un deseñador do Carballiño e xa vai pola segunda edición. Ten 875 preguntas e con este proxecto pretende normalizar o uso do galego tamén no tempo de lecer. 

Un tema sobre lingua e literatura, historia, actualidade, patrimonio e ciencia e xeografía e en total 875 preguntas. Ti non es de aquí? é o primeiro xogo de mesa en galego sobre a cultura galega.

Comprobamos na rúa que saben por exemplo, do Entroido ou das partes da gaita.

O xogo está tendo moito éxito e xa vou pola segunda edición e tamén xa están preparando unha versión para os máis pequenos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019