CRTVG

Buscar

Textil Lonia anuncia que duplica o tamaño das súas instalacións

Publicado o 12/02/2020 15:10

Pezas de roupa coma de marcas como Carolina Herrera ou Purificación García saen de Textil Lonia, unha compañía ourensá que deseña, fabrica, distribúe e vende estas coleccións. Creada hai 23 anos é agora cando vai a experiementar a maior fase de expansión da súa historia. As máquinas traballan no movemento de terras para a súa ampliación. Duplicará a súas instalacións en dous anos. Pasará dos 42.000 metros cadrados da actualidade aos preto dos 95.000. Pretenden aumentar a produción e os servizos que ofrecen.

Radicada no polígono ourensán do Pereiro de Aguiar, é unha das empresas de referencia para a provincia. Nela traballan máis de 2.000 persoas, 800 na sede central. En dous anos está previsto que este proceso de expansión remate e as novas instalacións estean totalmente listas.

Noticias web

12/02/2020