CRTVG

Buscar

Test rápidos nas farmacias dos concellos ourensáns máis afectados pola pandemia

Publicado o 17/10/2020 19:04
Test rápidos nas farmacias dos concellos ourensáns máis afectados pola pandemia

Nas últimas horas saltaba a noticia de que as farmacias realizarían test rápidos nos concellos da provincia de Ourense máis afectados pola pandemia. Son gratuitos e só hai que solicitar cita previa para facelos. A resposta da cidadanía non se fixo agardar. Tras unha primeira avalancha, din, de consultas e solicitudes as probas comezarán de xeito xeralizado nas farmacias a partir da vindeira semana.

Chega esta iniciativa despois de días de restriccións en varios concellos da provincia, e o certo é que non puido ter mellor acollida.

Seguen ademais os controis por estrada naqueles concellos con confinamento perimetral. É o caso de Ourense e de Barbadás, pero tamén doutros municipios coma por exemplo Boborás, O Irixo ou este do Carballiño. Aquí contabilizan 177 casos activos de coronavirus. Só se pode entrar ou saír do municipio por causa xustificada.

Nas últimas 24 horas houbo na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras 97 novos contaxios, 16 máis ca na xornada anterior. Segue a haber 101 persoas hospitalizadas, 12 delas precisan coidados intensivos. Descende eso sí, o número de casos na cidade das Burgas onde pasan dos 534 os 508.

Noticias web

17/10/2020