CRTVG

Buscar

Teruel, unha pista imposible para o Rotogal Boiro

Publicado o 29/11/2020 09:50

O Rotogal Boiro pouco puido facer na pista do líder, o C.V. Teruel, que gañou por 3-0 na undécima xornada da Superliga de Voleibol. 

O equipo local comezou con moita forza disposto a resolver pola vía rápida. Nos dous primeiros sets non deixou opción cun 25-18 e un 25-16. O terceiro resultou un pouco máis igualado e Boiro mesmo tivo opcións de gañalo cunha vantaxe de 22-23. Pero Teruel, con tres puntos consecutivos, acabou gañando por 25-23. 

A vindeira xornada o Boiro terá un partido moi importante para evitar os últimos postos diante dun rival directo como o Textil Santanderina. 

Noticias web

29/11/2020