CRTVG

Buscar

Teresa Portela, a primeira muller en España que pode disputar os seus sextos xogos olímpicos

Publicado o 26/08/2019 16:15

Teresa Portela acadou o bronce no Mundial de Piragüismo de Hungría e isto dálle o billete directo para os Xogos Olímpicos do ano que vén. Atendana o dato. Convértese así na primeira muller española que participa en seis Xogos Olímpicos. E hoxe estivemos con ela.

Máis aló do momento do volver a Galicia coa medalla dun mundial, a emocionante imaxe da fin de semana foi esa de ir buscar os abrazos da familia.

Quedou terceira. Esta mañá, no día que comeza varias semanas de vacacións, conversa coa filla. Pode contarlle que esa medalla de Hungría lle outorga un billete olímpico, o sexto, 19 anos despois do debut, en Sidney, no 2000.

Dende aquel ano 2000 Teresa Portela é unha lenda do deporte galego. Se falamos de grandes medallas internacionais. Falta, entre tanto éxito internacional, un metal.

Medalla. Esta métea na historia do deporte español: vivirá no 2020 os seus sextos Xogos Olímpicos.

Noticias web

26/08/2019