CRTVG

Buscar

Terceira derrota consecutiva do Deportivo Abanca, que non sae do pozo

Publicado o 24/01/2021 12:13

O Deportivo Abanca perdeu en Valencia por 3-0 no que foi a terceira derrota consecutiva, que mantén o equipo como o último clasificado. 

Un partido máis, e xa van demasiados, Sullastres recibía un gol antes do primeiro cuarto de hora. Non foi un mal primeiro tempo do cadro deportivista pero faltoulle efectividade cara á porta contraria. 

No segundo tempo o Valencia sentenciou co gol de Candela Andújar (2-0) e redondeou o resultado grazas a Bonsegundo.