CRTVG

Buscar

Tenta pegarlle a unha docente e agride un alumno

Publicado o 16/10/2019 11:42

Intenta agredir unha profesora por recriminarlle a súa mala actitude na clase e acaba pegándolle a un alumno por defendela. Así o aseguran as testemuñas. Pasou nun centro de formación profesional de Ourense.

Din os compañeiros que a profesora lle fixo unha simple chamada de atención, á que o alumno, de 30 anos, respondeu cunha actitude moi violenta. O director tivo que intervir e intentou expulsalo do centro. O alumno negouse a abandonar as instalacións, polo que foi preciso chamar a Policía Nacional.

Os rapaces xa presentaron a denuncia. A Policía Nacional está investigando o acontecido. Polo momento, non se produciron detencións. No centro aseguran que foi un episodio puntual e o alumno será expedientado por unha falta grave.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019