CRTVG

Buscar

Tensión en Sri Lanka por unha nova explosión e a dimisión do secretario de Defensa

Publicado o 25/04/2019 19:43

Sri Lanka vive con medo tras unha nova explosición, aínda que non se sabe se ten relación cos atentados do domingo de Pascua. As forzas de seguridade, ás que se uniu o exército, continúan a busca de posibles implicados. Todas as igrexas católicas permanecían pechadas este xoves.

Foi o ataque máis mortífero desde o 11-S. As vítimas mortais ascenden a 359 tras falecer, nas últimas horas, varios feridos que estaban graves.

Xa se conta tamén a primeira vítima politica. O secretario de Defensa dimitiu este xoves. Confirma que tiveron información previa alertando dos atentados, e asume así a responsabilidade da mala xestión que se fixo dela.

A investigación intensifícase. Unha nova explosión fixo saltar todas as alarmas. Foi neste descampado situado detrás dun edificio de xulgados a 40 km da capital. Non hai vítimas e tampouco se sabe aínda teñen relación cos atentados do domingo.

A policía confirmou que non foi unha explosión controlada, porque as falsas alarmas sucédense por todo o país. Con elas, o medo, a paranoia e o caos.

O exército uniuse ás forzas de seguridade na busca dos presuntos implicados nos ataques. Xa identificaron, polo menos, 8 dos nove terroristas suicidas. Todos de clase media alta e de familias estables.

Está previsto que as igrexas católicas do país permanezan pechadas ata que mellore a situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019