CRTVG

Buscar

Tensa espera para identificar as víctimas da explosión de México, que se elevan a 73 mortos

Publicado o 20/01/2019 10:02

Desde media tarde de onte familias enteiras acudiran a este lugar ao norte de Cidade de México, onde a rede de combustible fora perforada por traficantes, unha práctica que non é novidosa no país. Trataban de carrexar a gasolina en bidóns e caldeiros cando se produciu unha enorme explosión.
AMBIENTE
Así relataban as testemuñas como intentaban fuxir entre as lapas ducias de persoas mentres outros quedaban calcinados no lugar.

Omar Fayad, Gobernador de Hidalgo: "Son 66 falecidos, 76 feridos: dos que 73 son homes e 3 mulleres. E dos homes 7 menores de 18 anos e un neno de 12. "

O goberno federal, que no último ano desenvolveu unha dura campaña en contra do perigoso negocio de roubo de combustible amosaba hoxe a súa preocupación polas vítimas e insistía na necesidade de rematar con esta práctica delituosa en comunidades sen recursos.

Andrés Manuel López Obrador, Presidente de México: "Máis ca deter a estratexia e a loita en contra da ilegalidade e do roubo de combustible, vaise fortalecer e continuar ata rematar con estas prácticas dándolle opcións e alternativas á xente para que non se vexan obrigados a tomar este camiño."

As autoridades insistiron en que roubar combustible é un delito moi grave, con penas de entre 20 e 30 anos, e que están investigando quen cometeu a sabotaxe. Mentres, os forenses continúan recuperando os restos das vítimas.
 

Noticias web

20/01/2019