CRTVG

Buscar

Tensa espera en Cataluña para ver o que decide o "Parlament" sobre Torra

Publicado o 26/01/2020 15:16

En Cataluña, xornada de calma tensa á espera do que aconteza mañá no Parlament. Á espera de saber se Quim Torra acudirá á sesión e votará, logo da orde da Xunta Electoral.

Todos pendentes do que aconteza mañá despois de que a Xunta Electoral de Barcelona rexeitara o recurso do presidente da Generalitat, Quim Torra, contra a decisión de darlle dous días ao Parlamento catalán para concretar quen de Junts per Cat vai ocupar o escano do propio Torra.

O prazo que a xustiza deu para esa remuda vencía ONTE, e o presidente da cámara catalá, Roger Torrent, non lle deu curso. Agora está por ver o que sucede maña luns. O pleno do Parlamento está convocado para as tres e media da tarde e se Torra acode e vota, Torrent estaría desobedecendo a orde de retirarlle a acta, a pesar de que os letrados da cámara xa lle dixeron que é de obrigado cumprimento.

Noticias web

26/01/2020