CRTVG

Buscar

Tendas cheas polas compras de disfraces de última hora

Publicado o 21/02/2020 19:25

No Entroido, como na vida, hai de todo.

Hai persoas moi previsoras, que estiveron meses maquinando e traballando no seu disfrace.

E pola contra, hai entroideiras e entroideiros que deixan todo para última hora.

Este ano os disfraces que máis se están a vender son os de Jocker ou a casa de papel, e rexorden clásicos coma os pallasos, de cancán ou vaqueiros.

Outros veñen correndo porque non atopan os zapatos ou porque romperon unhas lentes, para que non lle falte detalle ao personaxe.

O importante é desfrutar da festa máis toleirona e máis liberadora do ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2020