CRTVG

Buscar

As fortes chuvias da gota fría no Levante español volven deixar un rastro de estragos

Publicado o 05/12/2019 08:17

O temporal pasou por Murcia, e despois tocoulle a Cataluña e ás Baleares. As fortes chuvias da gota fría no Levante español volven deixar un rastro de estragos. Anegamentos, problemas de ciculación, estradas cortadas, vivendas con graves danos e moitas incidencias nos servizos, como a rede electrica. No mar notouse especialmente a incidencia do mal tempo, con ondas no Mediterráneo de cinco metros e fortes ventos.

Noticias web

05/12/2019