CRTVG

Buscar

Tempo de reencontros no aeroporto para os que non puideron verse polo confinamento

Publicado o 07/07/2020 14:46

Tempo de reencontros para aqueles que pasaron meses sen poder verse polo confinamento. A reactivación das viaxes e as vacacións fan posible volver ver familiares e amigos

Quedan só uns minutos para que Salvador abrace ao seu neto logo dun ano sen velo.

Mónica e Vicente abrazan o seu fillo, a súa nora e o seu neto. Tiveron que cancelar a súa viaxe programada para marzo. Dan grazas á tecnoloxía, que axudou a levar mellor a distancia.

De Mallorca chegan as fillas e as netas de Gonzalo, que non se vían desde o Nadal.

Os aroportos convértense no escenario de abrazos e lágrimas daqueles que a pandemia mantivo separados máis do esperado.

Noticias web

07/07/2020